Calendario…
Xaneiro 2012 L M M X V S D « Feb 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 -

-
Imaxes do mes…
Coñecendo os museos do mundo…
Xa podemos viaxar polos diferentes Museos do mundo dende o noso ordenador!
Google e o seu Art Project nos ofrece esa magnífica ferramenta para realizar unha visita persoalizada aos centros da arte máis importantes, cunha calidade e definición importantes. Só tes que seleccionar o museo que desexes visitar e afiante.
Podes acceder ao site premendo na imaxe! Bon voyage…
.
Febreiro 13, 2011 | Filed Under outrosMundos, RECURSOS | Comentarios desactivados
Chega o efímero
O efímero chega ó espazo madrileño «La casa encendida» coa exposición colectiva On&On. Unha mostra que se centra no momento, o instante como un todo artístico irrepetible. Presentanse obras efímeras, cambiantes, e de materiais perecedeiros, para crear un momento único para o espectador. Páxaros que tocan melodías «inconscientes», fresas que aspiran a desafiar a gravidade, paisaxes de lá…
A linguaxe do efímero combínase coa percepción do que observa atónito…a beleza do instante! O reflexo do cambio constante.
Novembro 30, 2010 | Filed Under ARTE CONTEMPORANEO, VIDEOS ARTE | Comentarios desactivados
…Kahlo
…ninguén como ela soubo partir da dor, para crear unha identidade maxestuosa. Unha mensaxe propia cimentada nunha concepción monumental do «eu», a cabalo do surreal, o preciosismo, a identidade mexicana e a inxenuidade. Marcada intensamente polo drama, e enraizada na súa obra, nas súas conviccións, no seu amor.Dende a súa Columna rota fíxonos partícipes dunha dor perpetua coa que convivir, e a través do retrato foi descubríndonos outras cicatrices diferentes que foi deixando o paso do tempo. Presentounos tamén a unha muller grandiosa que reflicte a súa alma por momentos, case unha deidade da cor.
Novembro 29, 2010 | Filed Under ARTE CONTEMPORANEO, VIDEOS ARTE | Comentarios desactivados
Notre-Dame de Chartres.
As torres e a fachada oeste englóbanse nun gótico temperán (1134-1160), mentres que o resto do edificio desenvólvese nun período maduro do estilo (finais do s. XII- comezos do s. XIII). A catedral de Chartres convetiuse nun centro de culto á figura da Virxe MAría e en destino de peregrinaxes.
A construcción da nave é un exemplo do alto gótico, xa sendo eliminados elementos arcaizantes. O elemento máis innovador foi a articulación tripartita do muro interior (arcadas, triforio e claristorio). isto contribuiu ó alixeiramento do muro e ao efecto lumínico no espazo interior. Outra novidade é o uso da boveda cuatripartita na cuberta dos espazos, deixando ao marxe a bóveda sexpartita.
Outubro 25, 2010 | Filed Under ARTE MEDIEVAL | Comentarios desactivados
Un recurso interesante…
Hoxe destacamos un recurso interesante na web para os amantes da Arte, o museo virtual MyStudios. Que teñades unha fantástica visita!

Setembro 17, 2010 | Filed Under outrosMundos, RECURSOS | Comentarios desactivados
Categorías
Admininistrador
Lista de ligazóns (blogroll)









